
A empresa Viaqua entregoulle ao Concello de Betanzos unha partida de xoguetes para os nenos e as nenas de familias necesitadas dentro dunha campaña que ten coma finalidade que “ningún neno quede sen o seu regalo nestas festas de Nadal e Reis”.
A iniciativa solidaria inclúe xoguetes para rapaces de entre 1 e 14 anos dentro dun proxecto de colaboración que vén realizando a empresa concesionaria da xestión da auga co Concello, e que tamén inclúe outro tipo de acción no ámbito social.
A Cruz Vermella de Betanzos será a encargada de distribuír xunto aos xoguetes entre os beneficiarios de esta iniciativa solidaria, máis de 160 nenos e nenas.
O Concello valorou a iniciativa e agradeceulle a achega feita por Viaqua a través deste programa social que se une a outras accións que se están la levar a cabo estes días a través da colaboración doutras empresas e entidades.