
Durante a semana degustáronse un “Bocado do País” a base de cabeza de porco e queixo ata un “Saquiño Lanzós” de bacallau; pasando por outros como o “Kausay á Galega” cunha mestura de pataca, lima, polbo e pementón; un “Bikini Doce” con queixo e pera ou a “Lingua Estofada” con patacas. Haberá tamén outras opcións como o “Doce e Salgado” con chourizo, queixo e mel; un “Bocadiño” de froitos do mar de peixe, bivalvos e lima ou un “Nigiri de Ventrecha” cun toque de brasa; sen esquecer o pincho de “Cabeza de Xabaril” ou o taco “Torresino”.
Participaron os seguimentes establecementos: Casa do Queixo, Café Lanzós, Café Segundo, Café Bar Yocri, Mesón Avenida, Café Bar Plaza, Restaurante Cho, Restaurante Casanova, Bar Kutako, Vinoteca Versalles, La Travesía Vinos e Adega O Pino.
As persoas que participen na votación para outorgar o premio popular deberán cubrir o boleto e entregalo selado por 5 dos 12 establecementos; ou a través da aplicación GastroBetanzos, onde deberán escanear o código QR de 5 dos 12 locais participantes.
Deste xeito, entrarase no sorteo de tres experiencias gastronómicas para dúas persoas nun dos Restaurantes da Biosfera, cinco lotes de produtos de Coca-Cola e tres premios de 50 euros patrocinados por Quaroni para gastar nos treses primeiros locais da clasificación de GastroBetanzos.











