A Policia local identifica a dous mozos tras realizar pegadas en papeleiras do municipio

654

O  Concello detectou nas últimas horas diversos actos vandálicos que afectaron directamente a mobiliario público. Así á aparición de novas pintadas en bancos e papeleiras, algúns deles acondicionados hai apenas uns días pola área de obras, sumáronse nas últimas horas desfeitas en  dispensadores de xel  hidroalcoholico, como o do parque do Pasatempo que tras ser reparado en varias ocasións, nas últimas horas foi obxecto dun novo acto de vandalismo que fixo que o  Concello tivese que retirar o mobiliario.

Xunto a iso, a Policía Local identificou esta noite a dous mozos na avenida da Coruña despois de que recibise unha chamada advertindo sobre a súa presenza pegando ou pitando as papeleiras situadas nesta zona.

Facilitada a descrición das dúas persoas  localízaselles na zona do Puente Novo con adhesivos e cola. Trátase de dous mozos nados en Cambre e Vigo.

O Concello abrirá o correspondente expediente e a denuncia, xa que os feitos están recollidos nas ordenanzas como infraccións moi  graves ao actuar contra o mobiliario urbano, equipamento para limpeza pública ou instalacións de calquera tipo situadas na vía ou espazos públicos, incluíndo neste aspecto instalacións ou propiedades privadas de calquera tipo que causen sucidade na vía pública ou espazos públicos.

A sanción recollida pode chegar aos 2.000 euros.