Aberto o prazo de inscrición no programa de sendeirismo para facer o Camiño Portugués

769

O  Concello organiza unha nova edición de roteiros de sendeirismo verán-outono que este ano terán como protagonista o Camiño Portugués.

Serán sete etapas que comezarán na de Tui-O Porriño o próximo día 30.

A esta primeira sumaranse as de Porriño-Redondela; Baiona-Samil; Redondela-Pontevedra; Pontevedra-Caldas de Reis, en setembro; e as de Caldas-Padrón e Padrón Santiago, previstas para o 4 e 11 de outubro.

Os interesados poden inscribirse en www.novas.betanzos.gal ou na oficina de turismo, no 981 77 66 66.

Serán 100 prazas que se cubrirán por orde de inscrición, con preferencia para os empadroados/ as.

O autobús para cada etapa sairá ás 8.00 horas desde o palco da Música.