
Desenvolverase entre o 3 de xullo e o 2 de agosto cun mínimo de 15 alumnos/as. O horario será de 10:00 h ha 13:00 h.
As persoas interesadas poderán inscribirse na páxina web da Federación Galega.
O obxectivo é completar a formación de monitor/a de Fútbol Base, mediante os ensinos conducentes á obtención do diploma federativo. Este curso ten por finalidade proporcionar aos alumnos a formación que garanta adquirir os coñecementos e habilidades necesarias que permitan desenvolver o seu labor, mediante competencia técnica e profesional nas competicións organizadas pola Real Federación Galega, con profesionais que actuaron no ámbito do fútbol, utilizando os medios materiais e humanos que dispón a Real Federación Galega de Fútbol.
O alumnado que finalice o curso, posuirá coñecementos xerais actualizados no referente ao adestramento do fútbol de base. Este diploma acredita para adestrar equipos federados ata a categoría que indique o regulamento xeral da Real Federación Galega de Fútbol.
O curso conduce á obtención do diploma federativo de “Monitor/a de Fútbol Base”, Especialidade: “Fútbol”, avalado pola Escola Nacional de Adestradores da RFEF, que á súa vez permite a validación do Bloque de Prácticas a realizar cando efectúen o Curso “Federativo” Adestrador Básico de Fútbol.