Inauguración Andaina senda ZEC 12 febreiro

387

A Deputación da Coruña vai inaugurar o domingo 12 de febreiro a Senda Ciclable ZEC (zona de especial conservación) e que transcorre polos concellos de Bergondo, Abegondo, Betanzos e Carral, cun percorrido sinalizado duns 18 km apto para camiñar ou andar en bicicleta, e convida á veciñanza destes concellos a participar neste evento.

A saída da andaina será ás 09:30 h desde o polideportivo de Guísamo en Bergondo, haberá unha parada de descanso e avituallamento no aparcadoiro da Cidade Deportiva de Abegondo, e rematará no Campo da Feira de Carral.

Para as persoas participantes do noso concello, o Concello de Betanzos facilitará o transporte en autobus/es que sairán do Cantón Claudino Pita ás 08:45 h, e regresarán a Betanzos ao rematar a andaina.

As prazas son limitadas e terán preferencia as persoas empadroadas no concello de Betanzos. 

Para máis información contactar co departamento de deportes situado na praza da Constitución, Casa do Concello 2º andar ou no teléfono 981 77 00 11

Para participar na andaina prema aquí