O Concello, a través da Concellería de Servizos Sociais e xunto coa Asociación de Mulleres da Condesa, celebrou unha nova Xuntanza de Labores Artesanais.
Os actos, que comezaron coa recepción das participantes ás dez da mañá do pasado 7 de marzo no edificio Liceo, reuniron a máis de 300 mulleres representantes de máis de medio centenar de colectivos entre asociacións, centros sociais, tendas especializadas dedicadas aos labores como encaixe de palillos, manualidades, coiro, flores secas, talla de madeira, liño… Entre as participantes houbo asociacións de Ourense, Camariñas, Ferrol, O Bierzo, León e diversas zonas de Asturias e Cantabria. A alcaldesa foi a encargada de darlles a benvida e compartir con elas, xunto coa concelleira Ana Veiga, boa parte da xornada.
A xornada estivo aberta ao público en xeral que puido visitar unha exposición de traballos, observar como os realizan e adquirir algúns dos labores artesáns realizados durante a propia xornada.











