O Concello de Betanzos vén de iniciar a iniciativa “Fala coa alcaldesa”, un programa de encontros abertos coa veciñanza que ten como obxectivo fomentar o diálogo directo, recoller propostas e abordar os asuntos de interese para a cidadanía.
As reunións celebraranse entre os meses de febreiro e abril nas distintas parroquias e lugares do municipio, todas elas ás 20.00 horas, co propósito de facilitar a participación veciñal e achegar a administración local aos barrios.
A próxima cita tera lugar o martes 3 de marzo, no local social de Piadela.
Desde o Concello anímase á veciñanza a participar nestes encontros, concebidos como un espazo aberto de escoita e intercambio de ideas para mellorar o día a día do municipio











