Betanzos acollerá a XL edición do Torneo de Fútbol Sala San Roque 2026

212
No acto de presentación do torneo participaron a alcaldesa de Betanzos, María Barral; o concelleiro de Deportes, Ricardo Cheda; e o directivo do Troula Betanzos FS, Luis Carro, quen destacaron a importancia desta competición como referente deportivo e social no municipio.

O Concello de Betanzos e o club Troula Betanzos FS organizan a XL edición do Torneo de Fútbol Sala San Roque 2026, unha cita xa consolidada no calendario deportivo local e que reunirá durante o verán a numerosos equipos e xogadores afeccionados ao fútbol sala.

O torneo disputarase entre o 6 de xullo e o 8 de agosto no Pavillón Municipal de Betanzos, converténdose un ano máis nun espazo de encontro para o deporte, a convivencia e a participación xuvenil.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o vindeiro 21 de xuño e deberá formalizarse a través da aplicación Cluber. Para participar será necesario ter unha idade mínima de 15 anos.

No acto de presentación do torneo participaron a alcaldesa de Betanzos, María Barral; o concelleiro de Deportes, Ricardo Cheda; e o directivo do Troula Betanzos FS, Luis Carro, quen destacaron a importancia desta competición como referente deportivo e social no municipio.

As persoas interesadas poden realizar a inscrición a través das seguintes ligazóns: