O Real Madrid Basket proclamouse campión infantil masculino de España celebrado en Betanzos. Galería de imaxes

527
O Real Madrid Basket proclamouse campión infantil masculino de España.

Impúxose con contundencia ao Coosur Real Betis na final disputada no Pavillón do Carregal do Concello de Betanzos.

Abegondo, Miño e Pontedeume tamén albergaron partidos da fase inicial na que participaron 32 equipos e preto de 400 xogadores

Do 12 ao 18 de xuño,  32 equipos de todo o territorio nacional, 384 deportistas de entre 12 e 13 anos, 192 técnicos e técnicas, 40 persoas voluntarias, 100 árbitros e árbitras e auxiliares e catro sedes:  Betanzos, a sede principal; Miño, Abegondo e Pontedeume. Foron 64 partidos en seis días de competición no que será a festa do baloncesto de formación en España.

A alcaldesa de Betanzos, María Barral, xunto cos alcaldes de Abegondo, Miño e Pontedeume, José Antonio Santiso; Manuel Faraldo e Bernardo Fernández, respectivamente, presentaron xunto ao Club Baloncesto Santo Domingo o Campionato de España Infantil de Betanzos que se disputou no catro municipios desde o día 12 ata o 18

A alcaldesa de Betanzos María Barral, xunto aos alcaldes de Abegondo, Miño e Pontedeume eo presidente do Clube Santo Domingo na presentación do evento

A última xornada, o venres día 18, realizouse en horario de mañá coa disputa do terceiro e cuarto posto; e a final. Todos os partidos foron retransmitidos en directo por parte do Concello de Betanzos a través das canles oficiais da Federación Española de Baloncesto, polas limitacións de capacidade das instalacións deportivas pola Covid.

O campionato íase realizar o pasado ano en Betanzos mais foi suspendido pola pandemia.  Trátase dunha aposta importante do Concello, da man do Club Baloncesto Santo Domingo, pola promoción deste deporte e a a súa vez de Betanzos tendo en conta o importante número de equipos que participarán na competición e que permanecerán, non só os xogadores, senón familiares, na cidade e na comarca durante días o que “terá un impacto positivo na economía local”.

O Concello, xunto ao resto de concellos que albergaron os partidos, garantizaron que a competición se desenvolverá con todas as medidas de seguridade fronte á Covid.