Betanzos activa o proxecto para crear os seus primeiros hortos urbanos na zona de Bellavista

653

Betanzos contará so seus primeiros hortos urbanos nos primeiros meses do ano que ven. O Concello sacará a contratación esta semana as obras de acondicionamento da zona onde estarán ubicados os hortos, unha zona que no seu día cumpriu a función de invernadoiro municipal e que durante os últimos anos foi utilizada como punto de vertido puntual de restos de obras municipais e de almacenamento. De ahí a que o proxecto tamén redunde en recuperar unha zona degradada.

A súa ubicación, próxima al casco urbano, foi tamén o que determinou poñer en marcha este proxecto, cubrindo así unha demanda veciñal. “É certo que moitos veciños e veciñas dispoñen de terreos próximos que utilizan para ter as súas pequenas hortas, pero tamén é certo que outros moitos veciños e veciñas que residen na cidade non dispoñen de espazos. A elas vai enfocado este proxecto, para que poidan realizar cultivos “e gozar deste espazo co que pretendemos promover boas prácticas de agricultura; rescatar as tradicións agrícolas na cidade; fomentar o autoconsumo, favorecendo, a súa vez, unha xestión comunitaria dos hortos e potenciando a conciliación interxeracional”.

O uso dos hortos estará regulado a través de regulamento, onde virá reflexado a organización dos espazo, as normas que rexirán o seu funcionamento así como as obrigas das persoas as que se lles concederán as parcelas.

A primeira edil indicou que ao Concello chegaron peticións para que se puxera en marcha esta iniciativa, que noutras cidades conta cunha altísima demanda polo que “moitos veciños e veciñas poidan aproveitar a oportunidade de tener un horto urbano próximo a súas vivendas”.

O proxecto está incluido dentro dunha colaboración coa Deputación Provincial servirá, por tanto, para “ofrecer aos veciños a posibilidade de contar cunha pequena parcela na que poidan plantar, sementar, o que queiran; e por outro, recuperar e rexenerar unha zona que nestes momentos atópase deteriorada”. As obras incluirán  o acondicionamento da parcela municipal que albergará un total de 68 hortos urbanos, divididos en camiños peonís, e en cada un deles haberá un armario de madeira para almacén, e na parcela unha zona de compostaxe para uso xeral con compostadores. Tamén se instalarán tomas para rega e delimitarase o chan de cada parcela.

Nestas parcelas poderán realizarse plantacións agrícolas con métodos de cultivos ecolóxicos onde se combinan as funcións produtivas asociadas ao consumo familiar con finalidades sociais e ambientais, “as cales albergan un enorme potencial para desenvolver iniciativas de participación cidadá”, indicou María Barral.