A alcaldesa de Betanzos, María Barral, e a concelleira Ángeles Veiga visitaron onte a veciña Dolores Guerra Vázquez, que cumpriu 100 anos.
Nada en Palas de Rei, Dolores leva moitos anos residindo en Betanzos e celebrou o seu aniversario acompañada polas súas dúas fillas, unha neta e unha bisneta. Durante a visita, as representantes municipais felicitaron persoalmente a Dolores, destacando a importancia das persoas maiores como parte fundamental da historia e memoria da cidade.
Este centenario converteuse nunha xornada emotiva, na que a familia e a comunidade homenaxearon a longa e plena vida de Dolores Guerra Vázquez.












