O Concello e a Asociación de Pensionistas e Xubilados Brigantina de Betanzos, organiza unha saída sociocultural de dous días pola provincia de Lugo para persoas maiores

444

O Concello de Betanzos, en colaboración coa Asociación de Pensionistas e Xubilados Brigantina de Betanzos, organiza unha saída sociocultural de dous días pola provincia de Lugo, que terá lugar os días 18 e 19 de abril. A iniciativa responde ás demandas das persoas maiores da cidade interesadas en participar en actividades culturais e de convivencia.

 

A excursión terá un prezo de 175 euros por persoa e incluirá aloxamento en hotel en réxime de pensión completa, seguro de viaxe, guía acompañante durante toda a actividade, así como as entradas aos monumentos previstos na ruta. Ademais, o programa contempla tamén xantar en restaurante durante ambos días.

As persoas interesadas en participar poden solicitar máis información e formalizar a súa inscrición contactando cos teléfonos 607 11 47 84 (Carlos) ou 609 82 17 12 (Cheché).