O pasado sábado, 14 de marzo, celebrouse en Betanzos a concentración convocada pola Plataforma Parar a Guerra, coa colaboración do Concello.
O acto tivo como finalidade mostrar o rexeitamento aos ataques de Estados Unidos e Israel ao pobo iraniano, sen esquecer a situación en Gaza, e reclamar a volta ao respecto polo dereito internacional.
Numerosos veciños e colectivos locais participaron na mobilización, amosando a súa solidariedade coas vítimas e defendendo a paz como principio fundamental.












