Traballos de limpeza en viais municipais

357

O Concello iniciou os traballos de limpeza de ramas e árbores próximos ás viarias municipais e que, nalgún tramo, dificultaban a circulación. Trátase de viais localizados na zona rural, en concreto, durante estes días, executaranse na zona de Piadela, para iniciar a próxima semana tarefas similares en Xan Rozo.

Estes traballos forman parte do programa de limpeza viaria na zona rural que desenvolve o Concello e que incluirá tamén actuacións en beirarrúas e parques infantís.