O Concello de Betanzos terá para este ano un orzamento de 11.791.568,23 €. Así o anunciou a alcaldesa, María Barral, quen explicou que o orzamento será presentado no vindeiro pleno.
Trátase dunhas contas, dixo, axiustadas a realidade e nas que se fai fincapé na inversión e no gasto social, “duas das características da forma de facer política deste goberno local”, dixo a alcaldesa.
O presuposto do exercicio 2022 ascendía a 10.347.938,85€ o que supón un incremento en termos nominais de 1.443.629,38€, un 13,95% aproximadamente.
Dentro do conxunto do orzamento de gastos interesa destacar o aumento de inversión dun 123,89% e que ven motivado, principalmente pola inclusión dos Fondos NextGeneration financiados pola Unión Europea. Investimentos reais que ascenden a 2.864.130,36 euros, o que supón o 99,31% do total de operacións de capital. Este capítulo incrementa considerablemente respecto ao do exercicio anterior. Neste capítulo inclúense as seguintes obras que contan con financiamento afectado de distintas administracións e achega municipal: – Reforma da instalación eléctrica do Museo das Mariñas no marco do IDAE IV – e rehabilitación do mercado de abastos.
Se ben no orzamento non se inclúe unha aplicación relativa á participación cidadán debido a que se está a elaborar o proxecto de construción dunha área “pump track”, sendo a previsión, unha vez finalizado o dito proxecto e se coñeza o seu importe, incluír os distintos proxectos no marco do Plan adicional da Deputación Provincial do 2023 ou financialo con remanente líquido de tesourería para gastos xerais. Por outra banda, non se inclúe o programa relativo ao Plan Provincial de Obras e Servicios do 2023 ao estar pendentes de definir con detalle os proxectos a incluír no momento que se elabora este documento.
O Estado de gastos e ingresos ascenden a 11.791.568,23€. Cúmprese así co principio legal recollido no artigo 165.4 TRLFL, de que cada un dos presupostos que se integran no presuposto xeral deberá aprobarse sen déficit inicial. Gastos de persoal ascenden a 5.042.571,16€, o que supón o 56,61% do total de gastos correntes. Presenta un aumento de 192.564,29€ sobre o pasado exercicio. Estas retribucións foron calculadas tendo en conta o disposto na Lei 31/2022, do 23 de decembro retribucións de Presupostos Xerais do Estado para o ano 2023. Con relación ao proceso de estabilización o presuposto recolle no anexo de persoal laboral os créditos necesarios dos postos que veñen sendo ocupados e que cumprirían cos requisitos previstos na normativa.
O gasto en bens correntes e servizos que ascenden a 3.226.305,80 €, o que supón un descenso do 7,82% respecto do exercicio anterior. Trátase de atender aos gastos necesarios de funcionamento da entidade, e de garantir as obrigas derivadas dos contratos acordados polo concello. Neste exercicio mantense o gasto derivado da contratación do servizo de axuda no fogar así como as aplicacións presupostarias recollidas para poder prestar os servizos públicos esenciais á nosa veciñanza. Na liña do exercicio anterior, sen esquecernos das accións dirixidas a continuar coa promoción cultural, turística e especialmente do comercio do noso municipio.
A área de gasto de Actuacións de protección e promoción social inclúese a achega necesaria para continuar cos programas do servizo de transporte adaptado, actividades dirixidas a axudar no marco da drogodependencia . E por suposto, mantense e refórzase o servizo de Axuda no Fogar e mantense o gasto mediante a inclusión do Plan POS+ Adicional para gastos sociais extraordinarios do exercicio 2023.
En materia de educación inclúese crédito dirixido a mantementos do CEIP Vales Villamarín e a aplicación necesaria para o servizo de comedor da Escola Infantil Municipal e continuar coa xestión do comedor do Vales Villamarín. Inclúense partidas dirixidas para a promoción cultural, apoiando ao sector e organizando actos seguros para o goce da nosa veciñanza. Tratarase de levar a cabo actuacións dirixidas a apoiar e a promocionar aos autónomos e autónomas e ás pequenas empresas que conforman o noso comercio local e distintas iniciativas para a promoción empresarial.
Non obstante, tras a liquidación do exercicio 2022 e mediante o Remanente Líquido de Tesourería para Gastos Xerais levarase a cabo un reforzo deste capítulo.
En canto a transferencias correntes ascenden a 578.560,91 euros, o que supón o 6,50% do total de operacións correntes. Obsérvase un descenso do 16,60% respecto do exercicio anterior. O dito descenso ven explicado, en parte, pola non inclusión do POS+Adicional 1/2023 para o financiamento de gastos sociais extraordinarios en tanto non se conceda definitivamente. Inclúense as subvencións que se consideran prioritarias, a inclusión neste capítulo do crédito para o Consorcio das Mariñas, o Transporte Metropolitano, o programa Xantar na Casa, as cotas destinadas á Fegamp, as contías que a Xunta de Galicia está a reter do Fondo de Cooperación Local pola Escola Infantil e a achega á Fundación Globo de Betanzos que ten como principais obxectivos conservar, custodiar e divulgar o Globo de San Roque, creado por D. Claudino Pita Pandelo. Aparecen recollidas nominativamente no presuposto as axudas para Cruz Vermella: 7.000 euros; Coral Polifónica: 5.000 euros; Betanzos CF: 18.500 euros; ACEBE: 14.000 euros; Club Náutico Ría de Betanzos: 12.500euros; Amigos de la Banda: 5.000 euros; Fundación CIEC: 20.000 euros; Club Troula Fútbol Sala: 8.500 euros; Club de Baloncesto Santo Domingo: 8.500 euros; APEM: 3.500 euros; CAIMÁNS: 3.500 euros; Cáritas Betanzos: 5.500euros; .Club Ciclista Betanzos: 3.500 euros; ASPACE: 3.000 euros; CHESCASCO: 3.000 euros; As Vellas non Paran: 3.500 euros; Asociación de Loita contra o Cancro: 3.000 euros; Club Taekwondo “kwon”: 2.500 euros; Club Xadrez Betanzos: 1.000
Pola súa parte, as previsións do Estado de Ingresos por Operacións Correntes (Capítulos 1 a 5) importan un total de 9.937.256,71 euros, distribuídos entre os seguintes conceptos: · Capítulo 1: Impostos directos. As previsións de ingresos se estiman en 4.003.040,08 euros, o cal supón o 40,28% do total das operacións correntes. A variación do Imposto sobre Bens Inmobles toman como soporte os respectivos padróns fiscais do exercicio 2022 (Rústica, Urbana e Características Especiais) e os valores de executiva facilitados pola Deputación Provincial. Nos restantes impostos foron consideradas as cifras da contabilidade municipal tanto do 2021 como do 2022, así como os datos de recadación facilitada pola Deputación Provincial da Coruña para o exercicio 2022, especialmente en recadación executiva. No imposto sobre incremento de valor dos terreos de natureza urbán tense en conta a adaptación da ordenanza fiscal aos coeficientes da lei, mantendo o tipo e regulando determinadas bonificacións unicamente para o suposto de vivenda habitual. ·