Betanzos prevé a mellora do pavimento da avenida Jesús García Naveira, unha das principais vías da cidade dentro dun plan provincial

503

O Concello incluíu nun programa de actuacións financiado con fondos provinciais a renovación do pavimento dunha das vías principais da cidade, a avenida Jesús García Naveira, na que se investirán máis de 65 000 euros.

 

 

 

Trátase dunha actuación coa que se pretende mellorar o  o firme de aglomerado da totalidade da avenida e pintar de novo, ademais de revisar as tapas de servizos, despois de que esta vía sufrise nos últimos anos un constante e lóxica deterioración como consecuencia da importante intensidade de tráfico que absorbe.

O asfalto nestes momentos ten numerosos tramos gretas, así como problemas nos trazados de pendentes que xeran dificultades para a correcta xestión das augas pluviais. Por iso, exponse a renovación integral da pavimentación existente de aglomerado mediante unha operación de fresado e posterior substitución do espesor de aglomerado asfáltico.

Non se actuará sobre as zonas de aparcadoiro da avenida, executadas con empedrado, agás naqueles casos nos que sexa necesaria a súa substitución no seu contacto co aglomerado asfáltico e as zonas contiguas necesarias para a súa correcta execución.

Reporase a sinalización viaria completa incluíndo os pasos de peóns mediante mestura de pintura acrílica de cor branca e con micro esferas de vidro aplicado manualmente e incluirase a parte proporcional de limpeza e premarcaxe. Igualmente realizarase o pintado de todas as áreas de cargamento e descarga e posibles vaos de maneira idéntica á existente antes do fresado do pavimento coa excepción da modificación da praza de aparcadoiro de persoas de mobilidade reducida para a súa adaptación ás dimensións esixidas de acordo coa normativa vixente no momento da redacción do presente documento e á colocación de captafaros nos pasos de peóns.

Proxéctase, en definitiva,  a substitución de pintados, a sinalización e o equipamento urbano existente de maneira homoxénea ás actuacións levadas a cabo polo Concello noutros viais do centro do centro urbano.