Betanzos, protagonista da Ofrenda ao Santísimo Sacramento en Lugo.

466
A Ofrenda ao Santísimo Sacramento en Lugo é unha das cerimonias máis lonxevas da tradición popular e relixiosa de Galicia, con máis de tres séculos de historia, onde a cidade rende homenaxe cun solemne acto institucional.

 

Xunto a outras cidades do antigo Reino de Galicia —A Coruña, Lugo, Ourense, Santiago, Mondoñedo e Tui—, Betanzos participou neste acto recoñecido como Festa de Interese Turístico de Galicia.

 

 

A celebración incluíu, ademais da ofrenda, unha procesión polas rúas de Lugo, na que este ano brillaron as danzas gremiais da Escola Municipal de Folclore de Betanzos.