Betanzos reitera ante a dirección de Mobilidade a súa petición de melloras nas frecuencias dos autobuses, na información aos usuarios e nas conexións cos polígonos e universidade

764

A alcaldesa de Betanzos, María Barral, volveu a reiterar á directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, as peticións que lle trasladou nunha conversa fai uns meses despois de que “a día de hoxe a Xunta siga sen atender as nosas demandas”.

Neste sentido, a primeira edil indicou que nos vindeiros días o Concello fará chegar por escrito estas peticións que básicamente céntranse na mellora da información ás persoas usuarias, en estudar melloras nas conexións coa universidade e polígonos industriais da Coruña, e redefinir algunhas frecuencias  ao marxe de outros temas máis concretos que teñen que ver cos alumnos de centros educativos de Betanzos.

A primeira edil destacou novamente a disposición da directora xeral para atender estas demandas “ainda que logo quedan, como ata o de agora en saco roto. Espero que desta volta non queden no olvido xa que son un compromiso da propia directora xeral cando firmamos hai uns meses o convenio do Transporte Metropolitano.

María Barral explicou que  “hai melloras que deben ser solventadas por parte da Xunta  a  da información. Moitas persoas usuarias descoñecen, cando chegan á parada se o autobús pasou ou non ao non dispoñer de ningún tipo de información e non ser inicio do percorrido como ocorría coa anterior concesión de liñas onde Betanzos se era inicio de percorrido”.

A alcaldesa incidiu tamén en que se redefinan as frecuencias, xa que hai horarios saturados, nos que “os autobuses chegan cheos as paradas e non é a primeira vez que teñen que deixar a xente na parada sen recoller e sen alternativa para poder desprazarse; e outros horarios nos que vai practicamente baleiro. Coidamos que hai que reforzar algúns servizos para evitar situacións”.

Tamén pediu que se potencie e faciliten as conexións coa universidade e cos polígonos industriais. É necesario facilitar eses traslados, a distintas horas do día e para isto teñen que darse unha serie de cambios en canto á programación do horario das frecuencias”.

María Barral indicou que as reivindicacións responden a “un interese do Concello porque o servizo funcione  correctamente tendo en conta que ten unha achega dun 20% sen que sexa competencia municipal. Non se trata dunha cuestión puntual, nin  dun enfrontamento político, senón duns problemas que, a pesar das denuncias realizadas, non se resolveron “.