Os betanceiros Antón Lagares (C2-500) e Javier Cid (C2-1000) competiran no Campionato de Europa en Pitesti (Rumanía) e no campionato mundial en Montemor o Velho (Portugal) durante o mes de xullo

463

Os betanceiros Antón Lagares e Javi Cid terán un mes de xullo de moita competición, desprazándose ata Pitesti (Rumanía) para desputar o Campionato de Europa e a Portugal para desputar o Mundial.

Do 3 ao 6 de xullo Javi e Antón desprazaranse ata Pitesti (Rumanía), competindo polo Campionato de Europa. Antón Lagares farao en C2-500 metros e Javi Cid en C2-1000 metros.

Do 24 ao 27 de xullo, ambos pedaxeiros desprazaranse ata Montemor o Velho (Portugal) para competir no Campionato Mundial. Antón Lagares compite en C1-500 e C2-500, e Javier Cid en C4-500 metros.

O club Ría de Betanzos segue a levar o nome da nosa cidade polo mundo adiante, con deportistas de nivel mundial como nesta ocasión merecen Antón e Javier. Paralelamente, o club betanceiro está amosando un nivel extraordinario no circuito provincial de regatas que organiza a Deputación de A Coruña, gañando a clasificación por equipos.