Caimanes do clube BTT Betanzos consegue bos resultados no comezo da tempada de XCO e mini btt

193

No que levamos de ano ata a data de hoxe, levanse disputadas 8 probas da copa de Galicia de XCO (Ferrol, Porriño, Betanzos, Carballiño, Ribadumia, Cambre, As Pontes e Cuntis) e 8 probas de Mini Btt – Escolas de Ciclismo (Porriño, Esmelle, Carballiño, Oroso,Bembrive, Ribadumia, As Pontes e Cuntis) e cuns resultados mas que salientables.

Nove pódiums en XCO repartidos entre Raul Puelles (3) na categoría cadete masculino e Martin Diaz (6) na categoría Junior masculina.

En canto as Mini BTT, outros doce pódiums repartidos entre Xiana Seijo (8 victorias) na categoría infantil feminino, Uxia Costa (2) na categoría Benxamín feminino, Aitana Garnil (1) na categoría Benxamin Feminino  e Carmen Vázquez (1) na categoría Benxamin Feminino.

Tamén estivemos presentes en tres copas de España de XCO:

– Candeleda – Avila con Martín Díaz na categoría Junior masculino.

– Valladolid, con Raul Puelles e Lucas Arias en Cadete, con Martín Díaz en Junior e con Jose M. Perez en Master 50, todos en categoría masculina.

– Sabiñanigo – Huesca, con Martín Díaz na categoría Junior masculino defendendo os cores da selección de Galicia.

Tamén estivemos no XCO de Bembibre, dentro do Copa de Castilla e León con Lucas Arias na categoría cadete masculino.

Salientar por ultimo, que tamén obtivemos un segundo posto no campeonato galego de XC Eliminator con Raul Puelles na categoría cadete masculino.

Además queremos recordarvos que a nosa escola sigue traballando cada vez con máis nenos, pero ainda queda algún sitio libre. Si queres máis información escribe a [email protected]

Aproveitamos para invitarmos o próximo dia 02 de Xullo, as instalacións do Parque O Pasatempo, onde celebraremos o VIII Mini Btt Concello de Betanzos.  Contaremos cuns  500-600 rapaces procedentes de todo Galicia.