O Concello de Betanzos, dende a área de deportes e en colaboración coa Asociación española contra o cancro, distribuíu diferentes brazaletes e pancartas aos diferentes clubs deportivos que durante a pasado fin de semana tiveron actividades.
Absolutamente todos os clubs tenderon a man para amosar una visibilización sobre esta enfermidade sen fronteiras, que nos afecta directa ou indirectamente a toda a poboación.
Aínda que non todos os clubs tiveron competicións e por iso foi imposible ter imaxes deles. amosamos unha mostra representativa de imaxes nas diferentes competicións, en diferentes puntos da nosa comunidade, que amosan a unión do deporte betanceiro nun tema tan importante como este.
O Concello de Betanzos quere agradecer a unión do deporte betanceiro antes esta causa tan importante.