Na Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT do Concello de Betanzos terán lugar catro actividades formativas.
Os días 2, 4, 6, 9 e 11 de marzo celebrarase o curso “Iniciación á informática” dirixido á poboación en xeral. Esta actividade levarase a cabo en horario de 09:00 h a 11:00 h.
O 13 de marzo celebrarase o exame “Exame de teleformación EMA” dirixido á poboación en xeral que previamente finalizara o curso de teleformación na plataforma EMA. Esta actividade levarase a cabo en horario de 09:00 h a 10:00 h. Á hora de entrada ao exame é ás 09:00 horas.
Os días 16, 18, 20 e 30 de marzo celebrarase o curso “Teléfono móbil” dirixido á poboación en xeral. Esta actividade levarase a cabo en horario de 09:00 h a 11:00 h.
Os días 23, 24, 25 e 27 de marzo celebrarase o curso “Crea contido dixital coa Intelixencia Artificial” dirixido á poboación en xeral. Esta actividade levarase a cabo en horario de 09:30 h a 12:30 h.
A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando á cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolle os medios e as ferramentas necesarias para poder formar parte activa da sociedade da información.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT de Betanzos situada na rúa Emilio Romay n.º 1.











