Sesión de “H2…Oh!” para escolares de Betanzos

180

Na mañá do pasado xoves 5 de febreiro, o alumnado de primaria do CEIP Vales Villamarín e do CPR Nosa Señora do Carme asistiu a unha representación teatral do máis científica: “H2…Oh!”, de Teatro Ghazafellos.

Coincidindo coa semana do 8M, os nenos e as nenas destes centros puideron indagar sobre a figura da científica Marie Curie e aprenderon moitas cousas sobre a auga, o espazo, o corpo humano ou a enerxía. Ademais, coa axuda de varios voluntarios e voluntarias do público, Marie Curie e o seu home Pierre realizaron (nun perfecto galego!) unha chea de experimentos que deixaron o público abraiado.

Este espectáculo forma parte do programa Lingua a Escena da Rede Cultural da Deputación da Coruña 2025.