O ITF Brigantium deslumbra no “Guerreiros da Terra de Montes”

265

O pasado sábado, celebrouse na localidade de Cerdedo-Cotobade (Pontevedra) a I edición da velada “Guerreiros da Terra de Montes”, na que se levaron a cabo un total de 14 combates de ring nas modalidades de Muaythai, K1 e Lowkick, no que participaron 2 integrantes do ITF Brigantiumnas distintas modalidades de combate asistidos polo seu técnico Abelardo Vázquez. Estaba prevista a actuación de Alberto Blanco en Muaythai pero, por mor dunha lesión de última hora, non puido ser e tivo que cancelarse o combate.

Os resultados dos betanceiros foron excelentes, xa que ambos se alzaron con victorias e ouros nas modalidades que disputaron. Foi así o caso de Brais Freire que logrou ouro en Lowkick e Sandra Vázquez en K1.

Cabe destacar a brillante traxectoria de Sandra, que conta por victorias as súas actuacións e na velada do sábado deu un auténtico espectáculo de técnica e condición física.

O club céntrase agora no vindeiro campionato ibérico e no trofeo de Betanzos que terá a súa primeira edición o vindeiro 13 de setembro.

Dende o club, felicitan aos deportistas pola súa constancia e esforzo, ademáis de agradecer os apoios recibidos por parte do Concello de Betanzos.