Lembramos que a Secretaría Xeral da Lingua ten aberto o prazo de presentación de solicitudes para a inscrición nas probas Celga 2026, correspondentes aos niveis 1, 2, 3 e 4. Desde a SXL indícase que a celebración destes exames terá lugar entre a segunda quincena de maio e a primeira de xuño de 2026, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. As datas concretas publicaranse tanto no DOG como no Portal da Lingua (https://www.lingua.gal/o-galego/aprendelo), así como as sedes e os horarios.
As probas realizaranse en Santiago de Compostela, Ponferrada e Madrid.
Para inscribirse nas probas Celga, será necesario cubrir o formulario PL500C e aboar a taxa correspondente. A inscrición estará aberta ata o 8 de abril.
Para consultar a convocatoria completa, prema aquí
Máis información no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos, no teléfono 981 (ext. 2252) ou no enderezo electrónico [email protected].











