Os días 6, 9, 13, 16, 20, 23, 27, 30 de maio e 3 e 6 de xuño celebrarase o curso “Itinerario de emprego” para adquirir competencias e habilidades dixitais para o emprego. Esta actividade levarase a cabo en horario de 10:00 h a 13:00 h.
Está dirixido á poboación feminina que se atope en situación de desemprego, sen experiencia laboral, maiores de 45 anos, mulleres de familias monoparentais e/ou residentes no rural.
É unha actividade organizada polo Departamento de Orientación Laboral do Concello de Betanzos e a aula CeMIT do Concello de Betanzos en colaboración coa Fundación Mujeres.
Para máis información e inscricións, presencialmente na Aula CeMIT do Concello de Betanzos.
O Departamento de Orientación Laboral do Concello de Betanzos e Aula CeMIT do Concello de Betanzos.










