Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Betanzos acollerá o vindeiro 5 de xuño a X Caminata Nocturna de Cruz Roja

Xuño 5 @ 21:00 - 23:00

A asemblea local de Cruz Roja en Betanzos organiza o vindeiro 5 de xuño a décima edición da súa tradicional Caminata Nocturna, unha actividade solidaria e aberta á participación da veciñanza.

A saída terá lugar ás 21.00 horas desde a Praza Irmáns García Naveira, nun percorrido pensado para fomentar hábitos saudables, a convivencia e a participación social nun ambiente lúdico e solidario.

As persoas interesadas poden obter máis información e formalizar a súa inscrición a través do código QR habilitado no cartel anunciador da actividade ou premendo AQUÍ

Desde o Concello anímase á cidadanía a participar nesta iniciativa organizada por Cruz Roja, que alcanza xa a súa décima edición convertida nunha cita consolidada no calendario social e deportivo da cidade.

Detalles

Fecha:
Xuño 5
Hora:
21:00 - 23:00

Lugar

Praza dos Irmáns García Naveira
Betanzos, A Coruña 15300 España + Google Map
Página Web:
www.betanzos.gal

Organizador

Concello de Betanzos