Novas xardineiras na praza da Constitución

296

O Concello colocou as primeiras xardineiras das 22 que se instalarán na praza da Constitución.

En cada xardineira plantouse un faia e distintas plantas ornamentais como breixos, heucheras, fentos e espárragos  que darán colorido a esta praza central do centro histórico.

As catro primeiras foron colocadas no lateral da igrexa de Santiago e ao longo destes días irase completando a contorna, no que ademais se instalará mobiliario urbano.

A humanización deste espazo forma parte dos traballos que está a realizar o Concello noutros espazos públicos da cidade como a praza García Naveira, na que tamén se instalaron xardineiras e nos próximos días colocarase diverso mobiliario urbano.