O Concello acondiciona a canle do río Pelamios, renova pasarelas de madeira e instala unha nova iluminación pública

155
A alcaldesa, María Barral, xunto co concelleiro de Infraestruturas, Diego Fernández visitaron o entorno do río Pelamios

O Concello está a levar a cabo diversos programas de mantemento e mellora de espazos públicos e, entre eles, realiza a limpeza do río Pelamios, un regato que se desenvolve na zona de Caraña.

Desde hai varias semanas, o Concello, con persoal municipal, está a limpar toda a canle e o paseo que limita o río, e a retirar a maleza que dificultaba o paso da auga e que, en meses de intensas choivas, podería provocar que se desbordase o río e lles afectase ás vivendas próximas. Ademais, renovou algunha pasarela de madeira que, co paso do tempo, estaba deteriorada.

Os traballos xa se levaron a cabo na zona de Caraña de Arriba, actualmente desenvólvense en Caraña do Medio e nos próximos días continuarán na parte baixa, coincidindo coa desembocadura na zona do Xuncaliño. Ademais da limpeza e a recuperación de mobiliario urbano, o Concello instalará novos farois dentro do programa de dotación de luminarias led a través dunha subvención do IDAE.