O Concello continuará o seu plan de mellora de rúas con obras en Concepción Arenal e Pintor Seijo Rubio

533
Rúa Pintor Seijo Rubio

O goberno local continuará o plan de melloras de vías nas rúas Concepción Arenal e Pintor Seijo Rubio, para completar así os proxectos realizados na rúa Venezuela e os que se levan a cabo actualmente en Tomás Dapena e Alcalde Beccaría.

Trátase de dous novos proxectos que serán contratados proximamente dentro do Plan Complementario 2019 da Deputación Provincial nos que se investirán arredor de 350 000 euros. En concreto, na rúa Concepción Arenal as obras consistirán na reordenación da rúa e a mellora da pavimentación cun custo de algo máis de 79 000 euros mentres que en Pintor Seijo Rubio os traballos alcanzarán os 255 000 euros. Consistirán na renovación dos servizos da rúa e na pavimentación, unhas obras similares ás realizadas noutras rúas de Betanzos.