O Concello contrata outro paquete de actuacións para mellorar viais e seguridade vial na zona rural cun investimento duns 186.000 euros

371

O Concello contrata un novo paquete de actuacións de mellora de viais na zona rural dentro de programa de actuación en estradas e seguridad vial cun investimento próximo aos 186 000 euros.  Os camiños están situados nas parroquias de San Martiño de Tiobre, Santa María de Pontellas, Santo Estevo de Piadela e Santiago de Requián, e forman parte das principais vías de acceso e comunicación dos núcleos rurais de Touriñao, Castro, Illobre, Viladesuso, Guiliade, Infesta e Xanrozo.

Trátase de camiños moi utilizados que permiten o acceso directo dos núcleos de poboación ás estradas autonómicas e provinciais, e cuxo pavimento está moi deteriorado polo paso de tempo e a circulación rodada que soportan, que, ademais, están sen sinalización horizontal, o que supón unha inseguridade, especialmente para os peóns. Esta rede de camiños de titularidade municipal supón a conexión dos núcleos poboacionais da zona rural coa zona urbana.

Estos viais únense as obras xa contratadas dentro do mesmo progama como son os camiños en O Tarreo, a longo dun tramo de máis de 600 metros; e en Guiliade-A Rúa, con outros 200 metros. A maiores deste dous viarios, o Concello tamén executou as obras de mellora en Talai, ao longo de case un quilómetro de lonxitude dende a Escola Taller de Bellavista. Dentro do mesmo programa municipal de pavimentacións, rozas e reforzo de sinalización.

Estes camiños únense a outros proxectos xa finalizados situados, especialmente, na zona rural. Actuacións tamén de pavimentación e sinalización horizontal e vertical nas parroquias de Requían e Santo Estevo de Piadela, formando parte das principais vías de acceso e comunicación dos núcleos rurais de Xanrozo, Guiliade e Piadela. En total o investimento nestes camiños alcanzou os 200.000 euros.

Estes camiños son moi utilizados polos residentes destas zonas, e permiten nuns casos o acceso directo aos núcleos de Guiliade e Piadela desde a AC-542, e noutros a comunicación entre os distintos lugares do propio núcleo (Xanrozo e Guiliade). Entre os viarios incluídos nesta execución está o camiño de Xanrozo, de 797 metros de lonxitude que non contaba con ningún tipo de sinalización; o de Xanrozo a Casa Grande, cunha lonxitude de 493 metros, no que tamén se mellorará a sinalización; o camiño de Piadela que conecta coa AC-542, a estrada Betanzos-Mesón do Vento, ao longo de 840 metros de lonxitude; e varios camiños en Guiliade que conectan con varios núcleos de poboación ao longo de máis de 1,5 quilómetros. Nestes viarios, ademais da pavimentación, realizáronse rozas e mellorouse a rede de servizos, ademais da sinalización.