O Concello de Betanzos apoia ao deporte feminino betanceiro cun acto de homenaxe dentro das actividades do Mes da Muller. Galería de imaxes.

92

O pasado 15 de abril na Aula de Cultura Xulio Cuns do Edificio Liceo tivo lugar un acto de homenaxe ás deportistas betanceiras, con dúas actividades conectadas, e aberto ao público.

Por unha banda, a proxección audiovisual con fotografías de mulleres deportistas cedidas por algúns dos clubes deportivos da cidade, e con relatos e reflexións de mulleres pioneiras no deporte betanceiro, que forman parte do alumnado do Obradoiro de Memoria e Estimulación Cognitiva.


 

Por outra banda, unha Mesa redonda na que deportistas de distintas disciplinas achegarannos as súas experiencias profesionais e as súas historias de vida relacionadas co deporte.

A xornada forma parte das actividades programadas no Mes da Muller, dentro da campaña municipal co gallo do 8M, As mulleres somos moito…no deporte betanceiro.