O Concello de Betanzos convoca tres prazas temporais de peóns ao abeiro do programa PEL-Concellos 2026

949

O Concello de Betanzos aprobou as bases para a contratación temporal de tres peóns/as dentro do Programa de Integración Laboral da Deputación da Coruña (PEL-Concellos 2026), unha iniciativa destinada a fomentar o emprego no ámbito local.

As contratacións terán unha duración máxima de nove meses, ata o 31 de decembro de 2026, e estarán orientadas a reforzar os traballos municipais de desbroce, limpeza e mantemento dos núcleos rurais.

O proceso de selección realizarase mediante oposición cunha proba práctica relacionada co posto, sen esixirse titulación académica específica, aínda que será necesario cumprir os requisitos xerais e estar en situación de desemprego.

Ademais, o programa prioriza a participación de colectivos con maiores dificultades de inserción laboral, como persoas maiores de 45 anos, desempregadas de longa duración, persoas con discapacidade, mulleres, vítimas de violencia de xénero ou en risco de exclusión social.

O prazo de presentación de solicitudes será de cinco días hábiles desde a o día seguinte a publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña prevista para o día 9 de abril, podendo presentarse a través da sede electrónica ou no rexistro do Concello.

As persoas seleccionadas desenvolverán tarefas de limpeza de camiños, mantemento de espazos públicos e desbroce de zonas rurais, contribuíndo á mellora da seguridade e conservación do entorno.

Con esta iniciativa, o Concello de Betanzos reafirma o seu compromiso coa creación de emprego e a inserción laboral de colectivos vulnerables, ao tempo que mellora os servizos municipais.

Para descargar as bases completas prema AQUÍ

Listaxe provisional de admitidos/as e excluidos/as. VER

Listaxe definitiva de admitidos/as e excluidos/as. VER

28-04-2026 Acta de constitución, acreditación do galego e resultados do primeiro exercicio. VER