Prazas esgotadas para participar no roteiro de senderismo polo camiño “Via da Prata”

487
As prazas cubrironse por orde de inscrición, con preferencia para as persoas empadroadas no Concello de Betanzos, e a admisión e participación terá que ser confirmada polo Departamento de Deportes. Os/as menores de idade terán que ir acompañados/as dunha persoa adulta responsable.

 

O Departamento de Deportes do Concello de Betanzos organiza unha nova edición de roteiros de sendeirismo que este ano terá como protagonista o Camiño da Vía da Prata, desde Allariz a Santiago de Compostela.

 




Farase en seis etapas, de entre 19 e 28 kms e de dificultade en xeral media-baixa, agás algún treito con máis dificultade polas costas a subir e o piso do camiño, e a realizar nos domingos 12, 19 e 26 de marzo, e 16, 23 e 30 de abril.

Os autobuses sairán ás 08:00 h desde a parada do Cantón Claudino Pita e regresarán ao mesmo lugar ao rematar cada etapa.