Co gallo do 28 de xuño, Día da diversidade sexual, o Concello de Betanzos adhírese en rede xunto con outros concellos da provincia, á campaña da Deputación da Coruña Liberdade de Ser e Sentir.
O obxectivo é visibilizar as distintas identidades de xénero e opcións afectivo – sexuais, a amosar o rexeitamento fronte a todo tipo de discriminación lgtbiq+, para seguir avanzando cara unha sociedade máis xusta e igualitaria.
Para iso terá lugar a lectura en liña dun Manifesto institucional a cargo da alcaldesa da entidade local, María Barral.












