O Concello executa a mellora dos accesos á piscina municipal cuberta e ao ximnasio a través da pasarela metálica

68

O Concello executa as obras de mellora exterior da piscina municipal cuberta coa reparación da pasarela metálica de acceso ás instalacións, nas que se investirán uns 40.000 euros.

Trátase da substitución das zonas metálicas deterioradas e oxidadas da pasarela ata a zona do ximnasio e a limpeza en profundidade de toda a instalación. Ademais de pintará e tratarase con produtos especiais toda a superficie.

Os traballos forman parte dunha serie de actuacións de mantemento que o Concello está a levar a cabo en diferentes espazos municipais, nun programa que inclúe tamén a limpeza e adecuación destes espazos públicos.