Betanzos cortará o tráfico dende o luns na rúa da Torre por obras de descombro nunha vivenda e dende o día 9 de setembro no Camiño de San Xiao

148

O Concello prevé cortes de tráfico nos vindeiros días en duas zonas do municipio. A primeira, no casco histórico, dende o vindeiro luns, día 2 de setembro. Será na rúa da Torre, que permanecerá pechada ao tráfico por mor dos traballos de descombro e traslado de materiais que se levarán a cabo nun inmoble situado entre a rúa da Torre e a rúa Santiago.

Os traballos afectan a inmobles situados na rúa Lanzós número 25- Santiago 1, 3 e 5, onde se produciron derrumbamentos de parte da fachada sobre a vía pública a principios do mes marzo do inmoble situado na rúa Santiago 3. O Concello tiña un expedente aberto e recaía sobre o propietario a obriga de executar unha serie de actuacións para garantir a súa reconstrución tendo en conta o estado de total abandono do inmoble por parte da propiedade nun amplo período de tempo, aínda existindo orde de demolición e reconstrución do mesmo.

A policía local cortará o tráfico da rúa da Torre permitindo so o acceso para residentes  a garaxes ou aos callexóns próximos a esta rúa. Poderán acceder dende a rúa Pescadería en sentido contrario ao tráfico. Tamén será de doble sentido, mentras duren os traballos (en principio toda a semana) o Porta da Vila; e a rúa do Castro, ésta última, so durante o horario permitido de circulación (a primeira hora da mañá), xa que é una rua peonil.

Caneiros

Outro dos cortes de tráfico anunciados polo Concello será o do camiño de San Xiaio, hacia a zona de Os Caneiros. Ante o perigo de desprendimento, polo estado do pavimento nun tramo, o Concello encargou un estudio técnico urxente que ahora se levará a cabo a través dunha actuación que incluirá a creación de cunetas “amables” ata o cruce de Os Caneiros, durante un tramo duns 100 metros; a mellora do firme e a instalación de tubos de desagüe para a auga. Atende así o Concello unha petición veciñal de creación dunha zona peonil. As Obras terá un coste de máis de 40.000 euros e comenzarán o vindeiro día 9, con corte de tráfico ata o seu remate.