O Concello impulsa o programa “Saudable-Mente” de apoio aos adolescentes

276

O Concello, a través do seu departamento de Servizos Sociais, pon en marcha un novedoso programa “Saudable-Mente”, unha iniciativa comunitaria dirixida á poboación adolescente co obxectivo de ofrecer apoio integral nunha etapa clave do seu desenvolvemento persoal.

A alcaldesa, María Barral,  explicou que o programa nace tendo en conta que “esta etapa da adolescencia constitúe un período especialmente sensible, no que as persoas mozas afrontan múltiples retos emocionais, sociais e persoais. Nos últimos anos, factores como a crise sanitaria da COVID-19, o incremento do illamento social ou o impacto das redes sociais teñen influído significativamente no benestar emocional da mocidade”.

Neste contexto, o programa ten coma obxetivo previr problemas socioemocinais e condutas inadaptadas, guiar aos adolescentes no seu desenvolvemento, informando a este coletivo sobre recursos persoais, sociais e comunitarios, garantindo o seu acceso a eles e sensibilizando á sociedade do tratamento adecuado de problemáticas adolescentes.

O programa estrutúrase arredor de tres grandes liñas estratéxicas que abordan de maneira integral as necesidades da adolescencia:

1. Promoción da saúde emocional:Esta liña céntrase en tres ámbitos para desenvolver as actividades.

  • No escolar, con obradoiros de educación e xestión emocional co alumnado dos centros educativos de terceiro ciclo de Primaria, primeiro e segundo de ESO que lles permitan superar situacións complicadas relacionadas coa saúde emocional como ansiedade, angustia, autoestima, e fobias.
  • Tamén haberá encontros con familias nos que se poidan detectar, da man tamén de profesores, casos de adolescentes que estan a psar por momentos emocionais compliacods e poder así ofrecer pautas de soporte e contención.
  • Comunitario: coa realización de actividades en colaboración cos departamentos de xuventude e deportes, elaborando materiais de dovulgación para dar visibilidade aos problemas relacionados coa saúde emocional e con obradoiros enos clubes deportivos abordando temáticas de interese como pode ser ao do estrés no deporte federado.

2. Xestión de conflitos e habilidades sociais: O obxetivo é ofrecer formación ás rapazas e rapaces  para que de manecira autónoma podan resolver conflitos e programas, ademáis, encontros interxenaracionais para que pais e nais e tutores cos seus fillos e fillas poidan coñecersse mellor interxeneracionalmente, comprobando que cuestións as separan e cales poden fortalecer as relacions familiares.

3. Orientación vocacional: Por un lado para descubrir entre o alumnado o verdadeiro talento intrínseco e individual de cada un deles.  O programa aposta por unha orientación vocacional ampla, que non se limite ás saídas académicas ou profesionais tradicionais, senón que teña en conta os intereses, capacidades e motivacións individuais.

O programa desenvolverase nos centros educativos do concello, no colexio Vales Villamarín, e nos institutos  Mariñas e  Francisco Aguiar.