O Concello continúa o programa de mellora da sinalización e seguridade que afecta a todos os barrios da cidade. Os traballos prolongaranse durante varios días polo que haberá restricións de tráfico en varias rúas. Durante a mañá de do día 20 de abril esas restricións afectáronlle á rúa Doutor Fariña na que se sinalizaron as zonas de aparcadoiros e os pasos de peóns, actuacións que se realizaron en Alexandre Bóveda, Rosalía de Castro, Castelao, praza Francisco Blanco, José Alguero Penedo, Emilia Pardo Bazán, Irmandades da Fala, doutor Fleming, Salvador Cabeza de León, Concepción Arenal, Xudeus, Cal das Barras, Pintor Seijo Rubio e toda a zona de Bellavista.
Está previsto que tamén se sinalice a rúa do Rollo, a rúa Venezuela, Emilio Romay, Alcalde Becaría, Alcalde Tomás Dapena, Grupo Caneiros, a rúa dos Ánxeles, Cañota, Pozo, Fonte de Unta, Linares Rivas, Alfonso IX, Paseo da Galera; a zona entre a glorieta Fraga Iribarne e a glorieta do Carregal, Alcalde Victor Montoto, Javier Alvajar, Alcalde Victor Cancela, avenida Juan Garcia Naveira, rúa Mariñas; Mestra Paquita Zuluaga, Manuel Roel, Xoán Vicente Viqueira, Bartolomeu Cossío, Ursula Meléndez de Texeda, Frade e as de aparcadoiro de Saavedra Meneses. Ademais, sinalizaranse a rúa da Mariña, José García Acuña, Manuel Naveira e outros viais da Ribeira.
Na relación de traballos tamén se incluíu a avenida Jesús García Naveira, aínda que esta vía tamén será mellorada a través dun proxecto no que se investirán máis de 65 000 euros. Trátase dunha actuación coa que se pretende mellorar o o firme de aglomerado da totalidade da avenida así como realizar un novo pintado, revisando ademais as tapas de servizos, despois de que esta vía sufrise nos últimos anos unha constante e lóxica deterioración como consecuencia da importante intensidade de tráfico que absorbe.
O asfalto nestes momentos conta con numerosos tramos gretados, así como problemas nos trazados de pendentes que xeran dificultades para a correcta xestión das augas pluviais. Por iso, exponse a renovación integral da pavimentación existente de aglomerado mediante unha operación de fresado e posterior substitución do espesor de aglomerado asfáltico.
Non se actuará sobre as zonas de aparcadoiro da avenida, executadas con lastro de pedra, salvo naqueles casos nos que sexa necesaria a súa substitución no seu contacto co aglomerado asfáltico e as zonas contiguas necesarias para a súa correcta execución. Reporase a sinalización viaria completa.
Proxéctase, en definitiva, a substitución de pintados, sinalización e equipamento urbano existente de maneira homoxénea ás actuacións levadas a cabo polo Concello noutros viarios do centro do centro urbano.