O Concello renovou esta semana os traballos de mellora da rúa Castelao e iniciará as obras na rúa Concepción Arenal. As actuacións paralizáronse polo estado de alarma, mais logo de varias semanas, o Concello, xunto coa empresa que realiza as obras, e seguindo os criterios establecidos nos decretos do Estado, decidiu renovar os traballos que forman parte do programa de renovación de viarias e rúas. O investimento previsto na rúa Castelao son 146 457 euros mentres que o gasto na rúa Concepción Arenal é próximo aos 80 0000 euros euros con cargo do POS + 2019 da Deputación Provincial. Os proxectos únense a outros realizados na rúa Pintor Seijo Rubio, Tomás Dapena, Alcalde Beccaría e a rúa Venezuela.
O obxectivo das obras é mellorar o pavimento de calzada e a sinalización da rúa, así como ampliar e renovar, no caso de Concepción Arenal, o tramo de beirarrúa no que non se actuou cando se realizaron as obras de renovación dos servizos e a ampliación de beirarrúas no ano 2008, para completar así todo o tramo.
Para iso, levará a cabo a mellora e acondicionamento do pavimento da calzada en toda a rúa, e procederá, en primeiro lugar, ao fresado do pavimento actual e a execución dunha nova pavimentación, realizouse tamén a sinalización horizontal e vertical da rúa. Tamén se pintarán as liñas centrais e do bordo de calzada, as liñas de parada e outras marcas transversais, os aparcadoiros, os illotes, os cedas, as paradas, frechas etc. Ampliarase a beirarrúa en varios tramos cunha nova beirarrúa con bordo de granito e baldosas tipo granallado.