O Concello retirará a pista de salto de atletismo e acondicionará tanto a contorna e a propia fonte do Catro Estaciones

338

O Concello anunciou a súa intención de mellorar o contorno e a fonte do Catro Estaciones a través de dúas actuacións. A primeira delas contempla unha serie de traballos de consolidación da propia fonte, incluídos dentro dun proxecto de medidas urxentes que o Concello pendente agora do visto e prace de Patrimonio. Estes traballos preténdense completar co acondicionamento da contorna.

O concelleiro de Urbanismo, Andrés Hermida, explicou, ademais, que o Concello tamén lle remitiu a Patrimonio un proxecto de reposición ao estado anterior da pista de salto de lonxitude. Indicou que a pista era legalizable, segundo consta nun informe da arquitecta municipal, mais que se decidiu retirala e non continuar un procedemento que se ía a estender no tempo cos prexuízos que iso ía ocasionar aos deportistas do club de Atletismo que demandara a instalación, nas inmediacións do campo de fútbol e outras instalacións deportivas.

En todo caso, o Concello retirará os traballos e reporá o tramo de terreo afectado ao seu estado anterior. A pista é unha pequena chaira de carreira de soleira de 5cm que desemboca nun foxo de area duns 20 cm de profundidade, circundado por un bordo que tamén se derrubará.

Para a súa reposición ao estado anterior e de acordo coa área circundante, realizarase un achegue de xabre no perímetro, quedando a zona igualada ao resto e compacta. Durante os labores non se prevé ningunha afectación a ningún servizo municipal.

O Concello buscará agora outro lugar para dispor deste pequeno equipamento deportivo co fin de que se poida seguir practicando esta disciplina de salto que até agora realizaban en instalacións interiores, non acordes coa modalidade deportiva.

Así mesmo, axiña que se reciba a autorización de Patrimonio, o Concello executará a de reposición do estado anterior no contorno da fonte.