O Concello programa diversas actuacións de mellora das vías municipais na zona rural dentro dun plan de obras provincial

424

O Concello desenvolverá diversos proxectos de mellora de vías municipais  nos plans provinciais de obras.

A alcaldesa, María Barral, explicou que se trata de seguir facendo un esforzo de investimento na renovación das vías municipais situadas na zona rural para as que se reservarán máis de 185 000 euros en asfaltados en Tiobre Pontellas, Piadela e Requián, e outros 111 000 euros para a pavimentación e mellora da seguridade en Castro, Montellos, O Farragoto e A Graña. Estas actuacións súmanse a outras que se realizarán con cargo a un plan complementario da Deputación con obras en vías en Vila de Suso, Guiliade, Viraventos, Talai e Gas por uns 155 000 euros; de San Xiao, Os Tabaques e Illobre, con 105 199 e de Piadela, Guiliade, As  Abelares, Infesta e O Coto con 134 232 euros.

Por outra banda, tamén se prevén diversos proxectos na zona urbana como  a mellora da urbanización e dos servizos no grupo Brigantium e Manuel Naveira, cun investimento de 270 000 euros; a de urbanización da rúa alcalde López Datorre, con máis de 130 000 euros; as rúas Cruz Verde e Xudeus, con 271 500 euros; a reurbanización e o cambio de redes na avenida do Carregal, con 553 439 euros e a renovación do parque Pablo Iglesias con 99 485 euros.