O Concello ultima as obras de mellora da rúa Concepción Arenal

719

O Concello ultima os traballos de mellora da rúa Concepción Arenal. A actuación paralizárase polo estado de alarma, mais logo de varias semanas o Concello e a empresa que executa as obras, seguindo os criterios establecidos nos Decretos do Estado, decidiron renovar hai uns días os traballos que forman parte do  programa de renovación de viarias e rúas. O investimento previsto en Concepción Arenal é próxima aos 80 0000 euros con cargo do POS + 2019 da Deputación provincial. O obxectivo das obras é mellorar o pavimento de calzada e a sinalización da rúa, así como ampliar e renovar, no caso de Concepción Arenal o tramo de beirarrúa na que non se actuou cando se realizaron as obras de renovación de servizos e ampliación de beirarrúas no ano 2008, para completar así todo o tramo.

Para iso leva a cabo a mellora e acondicionamento do pavimento da calzada en toda a rúa, e procederase en primeiro lugar ao fresado do pavimento actual e  a execución dunha nova pavimentación, e realizarase tamén a sinalización horizontal e vertical da rúa. Tamén se pintarán as liñas centrais e do bordo de calzada, as liñas de parada e outras marcas transversais, os aparcadoiros, os illotes, os cedas, stop, as frechas, etc, e ampliarase a beirarrúa en varios tramos cunha nova beirarrúa con bordo de granito e baldosas tipo granallado.