O ITF Brigantium triunfa no Open Ibérico

251

O pasado fin de semana, celebrouse na localidade de Viana do Castelo (Portugal) a primeira edición do “Open Ibérico de kickboxing”, no que participaron as seleccións autonómicas de Galicia, Euskadi, Madrid, Melilla e a selección nacional de Portugal.

O ITF Brigantium aportou ao combinado galego 4 deportistas, un deles ademáis de apoio ao equipo técnico.

Os resultados foron excelentes, pois os deportistas betanceiros alzáronse con pleno de ouros en todas as modalidades que disputaron, coa excepción dunha prata por lesión na final.

Os resultados acadados foron os seguintes:

Abelardo Vázquez: Ouro en pointfighting senior 94 kg. Prata en light contact veteranos -94 kg ao lesionarse nun xeonllo no primeiro asalto da final, tendo que abandoar.

Sandra Vázquez: Ouro en pointfighting senior -50 kg. Ouro en light contact senior -50 kg. Derrotou entre outras a Saioa Blanco, figura vasca do kickboxing, campioa nacional e medallista WAKO.

Paula Vázquez: Ouro en light contact cadete maior -46 kg. Ouro en kicklight cadete maior-46 kg. Derrotou á figura lusa do kickboxing Vicky Nogueira, campioa nacional.

Yanire Vázquez: Ouro en pointfighting cadete maior -50 kg. Ouro en light contact cadete maior -50 kg.Demostrouunhacalidade técnica superior.

O club ITF Brigantium xa apunta ao vindeiro campionato ranking ITF, que se disputará en Málagao mes que ven.

Dende o club, felicitan aos deportistas pola súa constancia e esforzo, ademáis de agradecer os apoios recibidos por parte do Concello de Betanzos.