O programa Cuidadanas ponse en marcha en Infesta con obradoiros de saúde e autocoidado.

298

O Concello de Betanzos programa por quinto ano consecutivo o servizo de apoio integral a mulleres coidadoras, Programa Cuidadanas, a cargo de Fundación Mulleres, e coa financiación da Deputación da Coruña.

A través deste proxecto traballaranse temas tan importantes como a saúde emocional, a xestión de conflitos, as situacións de dó, a autoestima, o autocoidado, etc.

 

Desenvolverase no Local Social de Infesta todos os venres dende o 13 de febreiro ata o 27 de marzo, en horario de 10:30 a 12:30.

Nesta actividade poden participar mulleres a partir dos 18 anos, e ofrécese como un servizo totalmente gratuito.

O prazo de inscrición estará aberto ata o luns 9 de febreiro, incluído, chamando ao departamento de Servizos Socais no 981.77.07.07 ou enviando un correo electrónico a [email protected].