Valladolid acolleu esta fin de semana (31 de maio e 1 de xuño) o Open de España de Técnica e o Campionato de España sub 21 de combate, unha dobre cita do taekwondo español, na que Galicia tentará loitar polas primeiras posicións.
O día 31 de maio celebrarase no Pavillón Pisuerga o Open de España de Técnica cuns 500 participantes. Este torneo será o primeiro clasificatorio para o Mundial de 2026, que se celebrará no outubro en Korea. Galicia chega a cita despois de facer un papel excepcional no Europeo de técnica, celebrado hai pouco máis dun mes en Tallín, onde as e os nosos representantes sumaron 6 ouros, 4 praras e 3 bronces. Así, en total participarán no Campionato de España un total de a 115 taekwondistas galegos.
Nesta ocasión O Clube Han´s Horang-i de Betanzos participou con 9 participantes, e obtendo 8 medallas de ouro, 2 medallas de prata e 2 medallas de bronce:
MEDALLAS DE OURO
-
Seung Han Shin Jang ( Master 2 Masculino)
- Jessy Sun Shin Veiga ( Trio Junior DSA)
- Ariel Menéndez Cortés ( Parella A infantil)
- Julian Pumar Rodríguez ( Trio Cadete Masculino )
- Stephan Pumar Rodríguez ( Benxamín Masculino)
- Ana Llin Shin Veiga ( Trio 1 Femenino)
- Begoña Veiga Rodríguez (Trio 2 Femenino)
- Iván Pena Pérez ( Freestyle Masculino -17
MEDALLAS DE PRATA
-
Seung Han Shin Jang ( Parella 3)
- Ariel Menéndez Cortés ( Alevín Masculino)
MEDALLAS DE BRONCE
- Julian Pumar Rodríguez ( Pareja Cadete)
- Iván Pena Pérez (Trio Junior Masculino)
Destacar a familia dos catro competidores, sendo unha familia completa de 4 componentes, na que conseguen 4 medallas de Ouro, comezando así os puntos de ranking para ir á próxima cita do Mundial de Korea de 2026 para o mes de outubro, que despois do Mundial de Hong Kong seguen clasificando para o Europeo e Mundial seguintes. O MestreSeung Han Shin Jang xa conseguiu no anterior Mundial o título de Campeón do Mundo no 2024 e tamén Campeón de Europa neste 2025. Segue conquistando oss pódium dos campeonatos que se lle ponen diante.
As suas fillas Ana LLin e Jessy Sun Shin Veiga, tamén quedarón subcampeonas de Europa neste 2025 en Tallín. E , así segue a conta para o seguinte Mundial.











