O Concello celebrou, o pasado día 5, un pleno extraordinario no que se dará luz verde á instalación dun pantalán no paseo da Tolerancia unha vez autorizada a ocupación do dominio público marítimo terrestre por parte do Ministerio de Transición Ecolóxica e a Demarcación de Costas do Estado, e Augas de Galicia (Xunta).
O pantalán forma parte do proxecto do plan de sustentabilidade turística financiado por fondos europeos presentado polo Concello e da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
A alcaldesa, María Barral, explicou que as obras son unha antiga demanda de propietarios de embaracións e que o Concello incluiu na proposta técnica ao plan de sustentabilidade turística que presentou xunto á Reserva e que “esperamos poida estar dispoñible ao longo do verán ainda que non vai ser doado polos adminitrativos que restan para a súa contratación”. O proxecto conta con todas as autorizacións despois de meses de tramitacións administrativas que agora rematan coa proposta plenaria para aceptar as condicións de concesión de ocupación de dominio público-marítimo establecidas dende o Ministerio. Entre elas, o prazo de concesión, de quince anos, prorrogables a un máximo de 30 anos.
O novo pantalán estará formado por un módulo de 12 metros de lonxitude e 3 de ancho con flotadores, e con tres anclaxes de vigas verticais ao muro do paseo para dar así estabilidade e permitir o movemento vertical das mareas.
O acceso realizaráse mediante unha pasarela de 14 metros de lonxitude e dous de ancho con baranda. O pavimento será de madeira tecnolóxica e también terá escaleiras abatibles sde subida aos pantaláns dende o mar, flotadores, e pasarela de acceso. En total ocuparase 154 metros cadrados de superficie.










