Programa de limpeza de espazos públicos

96
Programa de limpeza de espazos públicos na fonte dos Ánxeles

O Concello continuou o programa de limpeza de espazos públicos na fonte dos Ánxeles. A actuación consistiu na limpeza da contorna e da propia fonte, retirar a maleza e os restos de residuos que nos últimos días se verteran na zona.

Neste sentido, o goberno local anunciou hoxe que se fará unha especial vixilancia destas zonas co fin de evitar “condutas incívicas”, que provocaron en lugares como esta fonte aparezan cada certo tempo “con botellas de plástico e outros residuos”.

A limpeza de zonas continuarán noutros lavadoiros e fontes, ademais da zona urbana da cidade, na que nos últimos días se realizaron traballos na contorna do edificio Liceo, ao longo da Alameda.