Triple coroa para Abe Vázquez no campionato de España

190

O pasado fin de semana, celebrouse na localidade de Blanes (Girona) o “Campionato de España de Taekwondo”, no que participou o ITF Brigantium cunha comitiva de 5 integrantes.

Abelardo Vázquez destacou polo seu brillante resultado ao obter triple campionato de España alzándose con sendos ouros en técnica 3º Dan e en combate +87 kg, ademáis do ouro en rompementos de potencia.

Yanire Vázquez quedouse ás portas de logralo, obtendo un meritorio subcampionato en combate sub-16, -55 kg.

Yanire Vázquez alzouse co campionato en combate categoría sub-18 -49 kg.

Pola súa banda, Sandra Vázquez deu un golpe de autoridade colocándose primeira no ranking absoluto ao vencer en combate e proclamarse campioa na categoría senior -50 kg.

Valeria Vázquez viu cómo se lle escapaba o ouro nos últimos intres da final no seu debut coma competidora na categoría sub- 10 -27 kg.

O club ITF Brigantium xa ten a mira posta no galego de kickboxing, que se celebrarán o 14 de marzo en Pontevedra, de onde sairán os seleccionados para o campionato de España.

Dende o club, felicitan aos deportistas pola súa constancia e esforzo, ademáis de agradecer os apoios recibidos por parte do Concello de Betanzos